10/11/17

Hoxe venres 10 de novembro comezamos co PRÉSTAMO DE CONTOS para a fin de semana


Como xa sabedes, despois dos incendios acontecidos en Galicia, no CRA MESTRE MANUEL GARCÉS, estamos levando a cabo unha iniciativa que parte dos nenos e das nenas. Durante moitos días observaron e presenciaron imaxes terroríficas onde o LUME arrasaba coa NATUREZA. E é por este motivo polo que queremos  difundir unhas mensaxes: GALICIA NON SE QUEIMA, GALICIA É VERDE,....
Os nenos e nenas do Seixo 2 saímos este mércores a repartir carteis por Tomiño e queremos dar as grazas aquelas persoas e establecementos que nos recibiron con tanto amor.











Este ano estamos levando a cabo un proxecto de ARTE. Despois de observar distintas manifestacións artísticas, tales como a escultura, a fotografía, o teatro e a pintura...decidimos que queremos ser pintores. E niso estamos!