10/11/17

Como xa sabedes, despois dos incendios acontecidos en Galicia, no CRA MESTRE MANUEL GARCÉS, estamos levando a cabo unha iniciativa que parte dos nenos e das nenas. Durante moitos días observaron e presenciaron imaxes terroríficas onde o LUME arrasaba coa NATUREZA. E é por este motivo polo que queremos  difundir unhas mensaxes: GALICIA NON SE QUEIMA, GALICIA É VERDE,....
Os nenos e nenas do Seixo 2 saímos este mércores a repartir carteis por Tomiño e queremos dar as grazas aquelas persoas e establecementos que nos recibiron con tanto amor.











No hay comentarios:

Publicar un comentario